DESCRICIÓN XEOGRÁFICA   CONCELLO DOS BLANCOS

 

Os Blancos encóntranse na parte meridional da provincia de Ourense, a poucos quilómetros da fronteira de Portugal, da que só o separa o Concello de Baltar.

Sitúase na zona caracterizada pola elevada altitude media (800 metros), debido a súa localización no macizo rochoso que domina o municipio, pero que descende cara o este, ata confundirse coas chairas da Limia.

As elevacións montañosas máis importantes están ó sur, no límite con Baltar: montes que superan os 1.000 metros como O Cebreiro (1.266 metros), a Fonte de Lobo (1.115 metros) e Axorita (1.150 metros).

O concello esta atravesado de oeste a leste polo río Eiroa (tamén chamado Mouril) que nace na serra antes citada e que vai unirse co río Limia preto de Xinzo.

O substrato rochoso está formado por materiais paleozoicos, (gneis e granito), que producen un solo propicio para o uso forestal e prados de montaña.

As formacións arbóreas caracterízanse pola abundancia de frondosas (carballos e castañeiros), repartidos por todo ó municipio, quedando enmarcados os límites municipais, máis elevados, por coníferas, como o piñeiro silvestre. Os prados naturais, e sobre todo as terras de labor, atópanse na zona central, a máis achegada ó leito do río Eiroa.

www.xinzodelimia.eu

Contador Gratis