| |
XINZO DE LIMIA O MECO 2008 | ![]() |
O personaxe máis entrañable do entroido é o meco. Esta figura é a que se encargará de anuncia-lo fin das festas e do inverno. Unha nova estación está a punto de chegar.
Trátase dun monigote con forma humán elaborado a tamaño natural. Está recheo de palla, como se dun espantapaxáros tratásese, e vestido con roupas vellas que colga dun pao na praza do pobo, ou de unha encrucillada.
As encrucilladas, teñen un significado especial pra o home galego, nelas din que se aparecen a almas en pena, a Santa Compaña. Será como facer de participar os mortos na festa, unha comunidade cos mortos.
Antigamente cada barrio de Xinzo tiña o seu propio meco. Os veciños dirixían as súas burlas e escarnios cara el. Hoxe por hoxe só se colocan dúas mecos: un na Praza Maior e outro no Barrio de Abaixo, na praza de Oriente, un dos máis emblemáticos do lugar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|