MOSTEIRO DO

"BON XESÚS" de Trandeiras

A Igrexa do Bon Xesús de Trandeiras, conserva da súa primitiva construcción a fachada, xa que en 1668 as lapas destruíron o resto e tivo que ser remodelada, esta fachada ten unha gran porta gotico-plateresca con influencias Egás e estilo Manuelino por proximidade. Gran riqueza decorativa, cos seus arcos de medio punto a os acos conopial deprimido. Nun peto a imaxe de Xesús neno e por riba del un pequeno rosetón. no interior, amplía nave de bóveda de nervios sobre arcos de descarga. Retablos Barrocos de fermosas policromías.

Comezouse a construír no ano 1523 e rematouse no 1669. En 1668 foi arrasado po las lapas menos a fachada da igrexa, Foi utilizado coma albergue de Monxes, Bispos e Curas escapados da Revolución Francesa e hospedados po lo Cardeal Quevedo. No ano 1835, ano da exclaustración , pasou a mans particulares menos a igrexa que e parroquial, o seu estado e deplorable ata que fai poucos anos o concello de Xinzo mercouno e acondicionouno un pouco pra que non seguira derruíndose.

Moitas lendas se contan sobre o mosteiro,

1º- Uns Cabaleiros Portugueses toparon unha imaxe de Xesús neno, e construíron unha Capela pra cobillala, a fama que foi collendo o lugar aproveitouse pra instalar unha comunidade ofrecida a orde de San Francisco

2º - 1520 Fundación do Bon Xesús de Trandeiras. Nos documentos que conta a súa fundación aparece a lenda dos mosquitos Como soldados encantados do rei Artús, ademais da descrición da zona naquelas épocas.

Entrada principal o mosteiro do Bon Xesús.

Trandeiras e o Bon Xesús dende a torre de Pena

Interior do mosteiro

Claustro do Bon Xesús cando non pertencía o concello de Xinzo.

O Claustro soio conserva o corpo baixo. Estilisticamnete e unha mestura renacentista co as ultimas manifestacións de un gótico flamigero, arcos conopiales deprimidos lixeiramente peraltados sobre columnas con capiteis historiados e de motivos vexetais,

Cruceiro no camiño que sobe o mosteiro, ca torre de Pena o fondo da imaxe.

Cruceiro frente a igrexa.

www.xinzodelimia.eu

dojagosa@hotmail.com

Contador Gratis