Isaac Alonso Estraviz

 

 Isaac Alonso Estraviz

  Escritor
Fecha de nacemento: 26 de xaneiro de 1935
Lugar de nacemento: Vila Seca, Trasmiras(Ourense)
 

Biografía Isaac Alonso Estraviz
(Vila Seca, 1935)

Licenciado em Filosofía pola Universidade de Comilhas (1973), em Filosofía e Letras pola Complutense de Madrid (1974) e na mesma universidade em filoloxía Románica (1977). Diplomado em Cultura e Lingua Portuguesas pola Universidade de Lisboa, ano 1976. Doutor em filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (1999) com a tese O Falar dos Concelhos de Trasmiras e Qualedro.

Entre 1975 e 1977 foi professor de Lingua e Literatura Galegas no Ateneu de Madrid e desde entom ate 1984 desempenou o mesmo labor na Irmandade Galega-Lôstrego da capital do Estado. Como Professor de Bacharelato percorreu varias vilas e cidades galegas (A Rúa, Ferrol, Ponte Vedra, Pontedeume, Santiago, Vigo, Corunha, Ordes) até obter destino definitivo no Instituto Otero Pedraio de Ourense em 1987. Em 1986, asistiu como observador ao Encontro sobre Unificação Ortográfica da Lingua Portuguesa, 6-12 Maio de 1986 no Río de Janeiro. De 1990 a 1992, Professor Associado da Universidade de Vigo. Desde 1992-94 é Professor Titular de Didáctica da Língua e Literatura Galegas na Universidade de Vigo, em Ourense e Ponte Vedra. De 1994 a hoje, só no de Ourense. É membro da Comissom Linguistica da Associaçom Galega da Língua e do Conselho de Redacçom da Revista Agália.

Correio-e: secretaria[arroba]agal-gz.org.

Livros publicados

Colaboraçom em livros colectivos Traduções Colaborações em algumas revistas

Entre outras: Grial, Boletim de Filologia de Lisboa, Agália, O Ensino, Nós (Revista Internacional Galego-Portuguesa de Cultura), Temas de Linguística e Sociolinguística, Cadernos do Povo, Encrucillada, Raigame, Revista de Guimarães,A Nosa Terra.

Alguns artigos:

 

 

OBRAS REALIZADAS:
Publicou os seguintes libros: Contos con reviravolta (Castrelos, 1973), Diccionário Galego Ilustrado, I Vol. (Nos, A Coruña, 1983), Diccionario da Língua Galega (tres tomos, Alhena, Madrid, 1986), Estudos Filológicos galegoportugueses (Elhena, Madrid, 1987), Diccionário da Língua Galega (Sotelo Blanco, 1995) e A fala dos Concelhos de Trasmiras e Qualedro (tese de doutoramento, dous volumes, 1999, aínda inédita). Tamén participou nos seguintes libros colectivos: Estudo crítico das Normas Ortográficas e Morfológicas do Idioma Galego (Agal, 1985, 1989), Prontuário ortográfico galego (Agal, 1985), Mapa de Galicia (Akal, Madrid, 1979), Guia prático de verbos galego conjugados (Agal, 1988), Seis projectos de Expressom Artística Globalizada para nenos de 6 a 8 anos (2002) e La Sibila (de Agustina Bessa Luís, traducción do portugués ó castelán, Alfaguara, Madrid, 1981).

 OUTROS DATOS DE INTERESE:
Asistiu a multitude de congresos, simpoiums e encontros en Galicia e no estranxeiro.Escritor

CURRÍCULUM:
É licenciado en Filosofía pola Universidade de Comillas (Madrid), licenciado en Filosofía e Letras e en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense de Madrid, diplomado en Cultura e Lingua Portuguesa pola Universidade de Lisboa, doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago e profesor titular de Didáctica da Lingua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Foi bolseiro de distintos organismos e orientador da tese dos profesores José David Santos Araújo (Universidade do Minho, Braga) e Adriano Bastos de Amarante.

 

     
     
     
     

 
 

  • www.xinzodelimia.eu Contador Gratis