|
| CALVOS DE RANDIN
|
| CALVOS | CALVOS DE RANDIN | CASTELAUS | FEAS | GOLPELLAS |
| LOBAS | LOMEAR | O SILVOSO | PADROSO | PARADELA |
| PINTAS | RANDIN | RIOSECO | RUBIAS DOS MISTOS | SANTIAGO |
| SERIOS | VILA | VILAR | VILARIÑO |
Calvos, Calvos (Santiago), Calvos de Randin, Castelaus, Castelaus (San Martiño), Feás, Feás (San Miguel), Golpellás, Golpellás (San Xoán), Lobás, Lobás (San Vicente), Lomear, O Silvoso, Padroso, Paradela, Pintas, Randín, Randín (San Xoán), Rioseco, Rioseco (Santa Mariña), Rubias, Rubias Dos Mistos (Santiago), Santiago, Serois, Vila, Vila (Santa María), Vilar, Vilariño
SITUACIÓN:
O Concello de Calvos de Randín está situado ó sur da provincia de Ourense, coincidindo os seus límites meridionais coa fronteira portuguesa.
Para visitar estas terras montañosas podemos coller en Xinzo de Limia a estrada de Lobios ata chegar a Farnadeiros, punto no que tomaremos a OU-302, que nos leva directamente a vila de Calvos -capital municipal-, que dista 68 quilómetros aproximadamente da cidade de Ourense.
Calvos de Randín está dividido en nove parroquias (Calvos, Castelaus, Feás, Golpellas, Lobás, Randín, Rioseco, Rubiás dos Mistos e Vila ), que ocupan unha extensión de 97'97 km2, destes datos dedúcese que a súa densidade de poboación e baixa.
Ademais de pertencer ó partido xudicial de Bande, este concello encádrase na Comarca da Limia.
Calvos de Randín está situado no reborde granítico que pecha polo sur a depresión da Limia.
A altitude media oscila entre os 900 e 1.100 metros, mais no sector meridional, fronteirizo con Portugal, sobrepásanse estas alturas, ata chegar ós 1.400 m nalgún punto concreto da Serra da Pena.
Polo que respecta a hidrografía, o río Salas (afluente do Limia) percorre o concello de leste a oeste e está represado no encoro de Salas, que se prolonga polo concello limítrofe de Muíños e atravesa as terras portuguesas que hai entre ambos.
O resto son ríos menores e arroios que flúen a cunca do Limia, ben sexa por medio do río Salas o polo Firbeda.
HISTORIA E ARTE:
O territorio que conforma actualmente este concello estaba sometido ó señorío secular e xurisdicción ordinaria do Conde de Lemos no século XVIII.
Merece un comentario distinto, por ocupar unha zona fronteiriza entre España e Portugal e pola súa peculiar organización derivada da súa pertenza ó Couto Mixto os lugares de Rubiás, Santiago e Meaus, que actualmente forman parte dos municipios de Baltar e Calvos de Randín. Este feito dáballe ós habitantes certos privilexios: estaban exentos de pagar tributos de sangue ou diñeiro e elixían libremente a pertenza a un ou outro reino. Conforme a elección realizada, dependían no aspecto xudicial do xuíz de Montealegre ou do de Xinzo de Limia, pero todos eles dependían no relixioso do bispado de Ourense, e no aspecto económico - gobernativo polo correxidor de Braganza.
Esta situación privilexiada facilitaba todo tipo de actividades económicas (o comercio en feiras de un e outro país e o contrabando, que constituía a principal fonte de ingresos dos veciños), o que deu lugar a endogamia dentro do Coto Mixto, ata que en 1864 trazáronse novos límites fronteirizos.
ANÁLISE SOCIOECONÓMICO:
Como ocorreu na maioría dos concellos rurais, en Calvos de Randín os movementos migratorios actuaron durante varias décadas como unha sangría demográfica (en 1940 había 3.635 habitantes), ó que contribuíu ó crecemento vexetativo de signo negativo e ó envellecemento da poboación. Na actualidade aínda que se reduciron, séguense rexistrando algunhas saídas como consecuencia da falta de traballo. Pola contra, constátase o retorno dalgúns emigrantes.
A distribución por sectores da actividade económica mostra un predominio da poboación ocupada no sector primario, que ocupa o 49,3%. As actividades agropecuarias céntranse na gandería (vacún, ovino e caprino). Complementa está dedicación, a explotación forestal, mentres que a agricultura ve reducida a gamma de cultivos a causa do clima e a altitude.
MONUMENTOS E MUSEOS
:Os lugares de maior interese turístico son O Cebreiro e Aguioncha de Feás, o castro de Paradela , o outeiro de Almena en Randín, o val de Salas e o Couto Mixto entre Santiago e Rubiás.
Calvos de Randín conta con dous espacios naturais dignos de visitar: a fervenza do río Fírbeda e a serra da Pena, dende onde se divisan fermosas paisaxes.
Polo que a monumentos se refire, destacan o forno de Randín, e o forno de Rubiás (con arcos), a igrexa de Santiago dos Mistos; varios cruceiros e petos de ánimas. Tamén é interesante a praza de O Eirao, que está rodeada de edificios nobres no centro da vila de Calvos.
FESTAS E FEIRAS :
Entre as distintas festividades sobresae a festa "dos Reis" que se celebra o día 6 de xaneiro, con chourizada e grupos de xoves cantando.
A este festexo hai que engadi-las festas de Rubiás (abril), Castelaus (San Martiño, 29 e 30 de maio), Randín (San Xoán, en xuño) e Calvos (Santiago, 31 de xullo e 1-2 de agosto). Xa no mes de maio a Virxe da Peneda en Calvos.
fonte:INORDE.