Arciprestazgo 

   da

Limia

A Diocese de Ourense está composta por 735 parroquias na súa totalidade dentro da provincia do mesmo nome. Estas parroquias se reúnen e distribúen en 28 Arciprestados, incluída a división dentro da cidade de Ourense (norte, sur, este e oeste).

 Arciprestazgo  da Limia

Arcipreste: Rvdo. Sr. D. Tomás Delgado Gándara, párroco de Xinzo.

Pobos: 82. - Capelas: 33

Centros Educativos: Grupos escolares en Xinzo, Calvos de Randín, Blancos e

Sarreaus (Riofreixo), 2 institutos

Parroquias

  XINZO DE LIMIA

SANTA MARIÑA

 ABAVIDES

SAN MARTIÑO

ABELEDA

SAN LORENZO

AGUIS

SAN MARTIÑO

ALBERGUERIA

SANTA MARÍA

BARONZAS

SAN ANDRÉS

BLANCOS

SAN BREIXO

BOADO

SAN PEDRO

BORRAN

SAN MARTIÑO

 BOVEDA DA LIMIA

SANTA MARÍA

BRESMAUS

SAN BARTOLOMEU

 CALVOS DE RANDIN

SANTIAGO

 CASTELAUS

SAN MARTIÑO

CIMA DE RIVEIRA

SAN MIGUEL

 COBAS

SANTIAGO

 COBELAS

SANTA MARÍA

CODOSEDO

 

SANTA MARÍA

CORTEGADA  DE LIMIA

SAN XOÁN

 DAMIL

SAN SALVADOR

 ESCORNABOIS

SANTA  MARIÑA

 FEAS

SAN MIGUEL

FREIXO

SANTIAGO

GANADE

SAN BARTOLOMEU

GOLPELLAS

SAN XOÁN

GUNTIMIL

SAN XOÁN

GUNTIN

SANTA MARÍA

LAMAS

SANTA MARÍA

LAROA

SAN PEDRO

LAROA

SANTA MARÍA

LOBAS

SAN VICENTE

LODOSEDO

SANTA MARÍA

MORGADE

SANTO TOME

MOREIRAS

SANTO TOME

MOSTEIRO

SANTA MARÍA

NOCEDO DE PENA

SAN LOURENZO

NOCEDO

SAN CIBRAU

PARADA

SAN SALVADOR

PARADIÑA

SANTA MARÍA MADALENA

PENA

SANPEDRO

PERRELOS

SANTA MARÍA

PIXEIROS

SANTA MARÍA

PIÑEIRA

SAN ANDRÉS

PORQUEIRA

SAN MARTIÑO

PORQUEIRA

SANTA MARÍA

PRADO

SANTA CRUZ

RANDIN

SAN XOÁN

REBOSDACHAO

SANTA MARÍA

FREIXO

SAN SALVADOR

RÍO SECO

SANTA MARIÑA

RUBIAS

SANTIAGO

 

SABUCEDO

SAN SALVADOR

SEOANE

SAN XOÁN

SOBREGANADE

SAN MAMEDE

 SOLVEIRA

SAN PEDRO

VILA DE REI

SAN SALVADOR

VILA

SANTA MARÍA

VILAR DE BARRIO

SAN PEDRO DE FIZ

VILA SECA

SAN ROMAN

ZOS

SANTA MARÍA

 

 

Parroquia de Xinzo de Limia

A Parroquia de Xinzo de Limia, dioceses de Ourense, está baixo la advocación da mártir Santa Mariña, cuia festa  celebrase o día dazaoito do mes de xullo; e San Sebastián, que se celebra cada vinte de xaneiro.

Esta parroquia conta en la actualidade con dos templos Parroquiais y una capela no barrio de Baronzás  adicada a San Andrés.

Nesta breve historia refrexaremos algúns datos de los dos templos parroquiais situados en la vila de Xinzo de Limia y coñecidos por: “Iglesia bella"  e “Iglesia Nova” en referencia a  fecha da sua construcción.

1.- IGREXA  BELLA:

Hai indicios de que este templo existe desde el  século  VIII, como se viu nas excavacións feitas dentro e  fora del templo en el año 1997 en las que aparecía el ábsida de una capela.

En los Libros de Visita, que se gardan en el Arquivo Diocesano pertencentes a la Parroquia,  encontranse entre outros os seguintes datos:

A Igrexa  bella” está formada por una sola nave, con duas  capelas sepulcrais na Beira do Evanxelio:

Unha pertencente a Dª Catalina Colmenero, viuda de Antonio Penín, que en 1626 solicitouna ao Ordinario. Está capela está dedicada á Virxe das Dores (de gran devoción nesta Parroquia e que conta cunha Cofradía na actualidade). Nela atópanse enterrados os Condes de Gimonde.

 

A outra de 1630, a lado do altar maior, cun retablo policromado da Sagrada Familia, pertencente ao Licenciado D. Antonio Vallejo Luaces, que era Abad da Parroquia.

 

O Presbiterio ten bóveda artística de pedra, con influencias templarías afrancesadas: Nace de catro nervios en cada esquina en forma de abanicos e entrecrúzanse no centro formando triángulos. En cada dovela ten un signo cristián: Adán, a Virxe, Xesús...

A portada é de estilo románico, aínda que foi construído en 1516: está formada por tres arcos totalmente lisos con capiteis de ornamentación vexetal e de persoas en posición orante. Hai tamén unha "venera" que fai supoñer que estamos no camiño de Santiago (Camiño Portugués ou o da Vía da Prata). O dintel exterior está rematado cunhas puntas de diamante.

No ano 1608 concertan o Abad e os veciños facer a Torre para as campás: está construída con tres corpos diferenciados; estando no último as campás e o reloxo (aínda en perfecto uso de 1886). Está cuberta por unha cúpula de pedra. No segundo corpo está o escudo do Conde de Monterrey, que era o que presentaba aos sacerdotes para o seu posterior nomeamento.

Tamén existe na fachada un pequeno campanario (na actualidade sen campás) que se supón son restos das anteriores edificacións que tivo o edificio.

O auga entraba dentro da Igrexa na invernías, polo que no ano 1613 aparece un mandato para que se eleve o atrio cunha altura suficiente a fin de que non entre o auga no templo; así estivo ata que fai poucos anos volveuse a rebaixar uns trinta centímetros.

 

No ano 1626 contrátase un plateiro, Marcelino de Móntano, para que faga unha "Cruz Procesional" que foi roubada polos franceses no ano 1828. A que existe hoxe, de prata, realizouse no ano 1828.

A igrexa sufriu unha última reforma, ao redor do 1990 terminándose o ano 1997 (ano en que se inaugurou a Adoración Nocturna na Parroquia). Con tal motivo realizáronse diversas calas e excavacións, tanto interiores como exteriores, nas que se acharon diversos restos arqueolóxicos (como se poden observan nas distintas fotos que se adxuntan). Algúns deles atópanse no exterior do templo (adornando o atrio) e outros quedaron ocultos.
Os distintos retablos do templo foron restaurados, o chan foi rebaixado e a pedra do chan foi substituída por madeira, as diversas imaxes foron igualmente restauradas... quedando así o templo adecentado para poder celebrar o culto nel.

 

2.- IGREXA NOVA:

Comézase a construír en el año 1908 e termínase no ano 1965 (inaugurouse o último domingo do mes de agosto). Como se pode observar foron moitos os anos que se tardou en construír este templo xa que esta obra estivo parada bastante tempo por non ter recursos necesarios para construíla.
Ten na fachada tres vidreiras: unha coa imaxe de Santa Mariña, outra coa de San Sebastián e outra no centro, redonda, cunha cruz.
No interior, a Igrexa ten unha nave central e dúas laterais. Na nave central hai nas súas laterais superiores seis ventás de cada lado nos que se colocou no ano 2004 vidreiras coas imaxes dos Doce Apóstolos.
 

 

No Presbiterio atópase un gran altar de pedra, un ambón e un atril, tamén de pedra, e a sé elevada detrás do altar; no fondo e centrado atópase un gran Sagrario con dous corpos, o inferior con porta e o segundo con expositor; a ambos os dous lados do presbiterio están as imaxes do Sagrado Corazón e de Santa Mariña en madeira e no centro; encima do Sagrario, unha cruz con Cristo; tamén hai dúas ventás cunha imaxe da Inmaculada e outra de San José.
Presidindo as naves laterais hai dous altares dedicados á Virxe e á Virxe de Lurdes. Nas naves laterais merece mención especial a imaxe do Nazareno, de gran devoción nesta parroquia e que conta cunha Cofradía; devandita imaxe é articulada e vestida que se utiliza para varias procesións da Semana Santa de gran Tradición nesta Parroquia).
Esta igrexa de grandes dimensións e de recente construcción ten unha capacidade para cincocentas persoas sentadas e nela téñense as grandes celebracións parroquiais.
 

 Breve reseña de Santa Mariña

(Patroa da parroquia)  

    A tradición sitúa esta santa na comarca da Limia nos primeiros anos do cristianismo. Muñoz de la Cueva sinala o seu nacemento no ano 123, tal vez o célebre Forum, ou civitas Limicorum, nun lugar próximo á vila de Xinzo de hoxe en día. Orfa de nai, seu pai Teudio buscou unha muller que a criase, según a tradición de Piñeira de Arcos. Esta muller foi quen educou na fe cristiá e bautizou a Mariña. Tería nove anos cando foi repudiada polo seu pai por ser cristián. Ía crecendo, e Deus compracíase nela facéndoa cada día mais fermosa na alma e no corpo. Neste tempo continuaban as persecucións ós cristiáns.

     Cando tiña quince anos, Olibrio que era Prefecto Romano do Forum limicorum, viuna e namorouse dela. Levouna presa ó castro de Armea, preto da igrexa de Augas Santas. Alí propúxolle ser a súa esposa e que renunciara a Cristo, sacrificando ós deuses, cousas que non fixo Mariña, dicindo: que só adoraba a Cristo a quen pertencía. Foi azoutada, e torturada de moitas maneiras resistindo con gran valentía e conseguindo a conversión de moitos que presenciaban tan atroces tormentos. Nin o lume lle fixo mal.

     Confundido e desesperado Olibrio pola súa derrota ordenou que fose decapitada. A súa festa celébrase o 18 de xullo, día do seu martirio.

 Breve reseña de San Sebastián

(Igrexa vella de Xinzo. Copatrono da Parroquia e patrón da Policía Local)
Sebastián, fillo de familia militar e nobre, era oriúndo de Carbona, pero se educou en Milán. Chegou a ser capitán da primeira cohorte da garda pretoriana. Era respectado por todos e apreciado polo emperador, que descoñecía a súa condición de cristián. Cumpría coa disciplina militar, e como bo cristián exercitaba o apostolado entre os seus compañeiros e visitaba e axudaba aos cristiáns encarcelados.
Foi denunciado ante o emperador Maximino, e este obrigoulle a escoller entre ser o seu soldado ou seguir a Jesucristo. Sebastián non dubidou en seguir a Cristo, e Maximino enfurecido condenouno a morrer asaetado. Levárono ao estadio, espírono, atárono a un poste e lanzaron sobre el unha choiva de saetas. E deixárono por morto. Os seus amigos recólleno e ao ver que aínda estaba vivo, levárono a casa de Irene (nobre cristiá romana) que lle curou.
    Aínda que os seus amigos aconselláronlle que se fose de Roma, presentouse ante o emperador e reprochoulle a súa actitude cos cristiáns. Maximino condenouno a morrer azotado e despois tiraron o seu corpo nun lodazal. Os cristiáns recolleron o seu corpo e enterrárono na Vía Apia. É invocado contra a peste e contra os inimigos da relixión.
 

 Breve reseña de San Andrés Apóstoo (Capilla de Baronzás)

 

Natural de Betsaida. Era dos discípulos de Juan Bautista. Unha tarde estaba xunto ao seu mestre. Xesús pasou por alí. Juan Bautista dilles: ?Velaí o Cordeiro de Deus?. Andrés achégase a Xesús e dille: Mestre ¿Onde vives? Contéstalle Xesús: Ven e veralo. Foise con Xesús e quedouse con el todo o día. Tolo de alegría dillo ao seu irmán Simón. O mesmo fixo Juan con Santiago e Natanael con Felipe.
    Logo volveron ás súas redes. Un día Xesús achegouse á beira do lago e díxolles: ?Vide

 

Datos extraídos de

 www.santamarinadexinzo.com 

www.obispadodeourense.com

 

www.xinzodelimia.eu

dojagosa@hotmail.com

Contador Gratis